
© Museo de Pontevedra - Deputación Provincial
O Museo organiza un obradoiro de cerámica coa gañadora de Novos Valores, Nuria Rodríguez Figueiredo

Por Redacción

© Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra realizará durante o mes de xuño un obradoiro de iniciación á cerámica para adultos da man da artista Nuria Rodríguez Figueiredo, gañadora dunha das catro bolsas do certame Novos Valores de 2020. O éxito da iniciativa foi tal que apenas unha hora e media despois de anunciar a actividade nas redes sociais da institución as prazas xa estaban completas.
Cabe a posibilidade de que as persoas interesadas se anoten nunha lista de agarda e non se descarta ampliar o número de prazas e de sesións de cara ao verán. As inscricións deben facerse no correo reservas.museo@depo.gal.
O obradoiro preséntase como un primeiro achegamento á cerámica. Durante catro sesións as persoas participantes explorarán diferentes técnicas de construción (churro, prancha, belisco), coñecerán os estados da arxila, o secado, e experimentarán con diferentes cubertas, as térreas e os vidrados. Fabricaranse engobes e tamén se descubrirán diferentes técnicas de aplicación para decorar as pezas e logo cocelas. A planificación do obradoiro inclúe catro sesións: os xoves 2, 9, 16 e 30 de xuño de 18.30 horas a 20.30 horas.
Nuria Rodríguez Figueiredo foi unha das gañadoras das catro bolsas do certame Novos Valores en 2020 coa creación ‘Voltar’, unha creación escultórica de cerámica vidriada. A autora, xa participante noutras edicións de Novos Valores, pretendía lembrar coa peza un altar cheo de elementos e símbolos representativos para chamar ao recordo “dunha infancia perdida no tempo”.
Relacionadas:
-
Abre a exposición coas obras dos 'Novos Valores 2022' no Edificio Sarmiento
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Eva Pena, Teresa Búa, Borja Santomé e Julia Gil, 'Novos Valores 2022'
Por Redacción |
-
O Museo centra os seus talleres infantís de verán nas mulleres artistas, Galicia e a arte rupestre
Por Redacción |
-
Aumenta a esixencia de calidade en Novos Valores cunha selección de 17 obras para a exposición do certame
Por Redacción |
-
O Museo acollerá un obradoiro de exlibris e lembra a Dan Graham
Por Redacción |
-
Un obradoiro reinterpretará de maneira tipográfica o 'Diario de 1921' de Castelao
Por Redacción |