Este domingo chega a Cotobade 'Acuario'
Por Redacción
Acuario é teatro baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva.
María Canosa (Cee, 1978) recibiu o seu primeiro premio literario, o da Asociación Cultural O Facho, en 1986. Desde entón publicou poesía, novela e contos e converteuse nunha dinamizadora cultural. Moi coñecida pola súa participación no programa da TVG Cifras e Letras, actualmente colabora en La Voz de Galicia e traballa no programa Verbas van da TVG.
A poesía é unha linguaxe importantísima para o desenvolvemento de sensibilidades comunicativas que axudan a espertar nas persoas novas o amor pola lingua e a descubrirlles outros xeitos de achegarse ao mundo dende o galego, de entendelo e de aprecialo. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico... e mariño.
Acuario chegará, no marco de FalaRedes 2013 e desde outubro a decembro, aos concellos de Cotobade, en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal, e Pontedeume.
Para esta posta en escena contaremos coa autora do poemario, María Canosa, e mais cos tres actores de Teatro dos Ghazafellos: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas.
DURACIÿN: 45 minutos aproximadante.
PÿBLICO RECOMENDADO: Nenos de 5 a 8 anos e as súas familias.
LUGAR E HORA Instituto de Enseñanza Secundaria de Cotobade, 18:00 horas
DOMINGO 24 DE NOVEMBRO