O alumnado de Goretti Domínguez inaugura o ciclo de piano de Híbridas
Por Mónica Patxot
Híbridas en Santa Clara continúa o seu camiño, convertendo a antiga igrexa de Santa Clara nun lugar de encontro para a cultura en diversas formas.
Logo de ofrecer cine mudo con orquestra en directo, de mesturar melodías e de levar a danza até o interior dos seus muros, o programa creado polo Concello de Pontevedra eleva o piano como o gran protagonista dentro deste espazo.
Este xoves foron protagonistas Goretti Domínguez e o seu alumnado, estudantes do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra, que interpretaron un repertorio significativo de música clásica para piano, que foi desde o Barroco até o século XX.
A mestra Goretti realizou o último ano dos seus estudos superiores na Academy of Performing Arts de Praga (República Checa) e estudos de posgrao en Haute École de Musique de Genève (Suíza). Tamén posúe un Máster en Interpretación polo Maastricht Conservatorium (Holanda).
No seu currículo tamén aparecen participacións en festivais de renome internacional, en proxectos con orquestras de diferentes partes do mundo, amais de colaboracións con diversas bandas de música e compañías operísticas.
Relacionadas:
-
'Por unha peseta', as Híbridas en Santa Cara con máis retranca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Chano Domínguez recupera o seu concerto en Santa Clara o vindeiro domingo 15
Por Redacción |
-
Composición clásica, jazz, flamenco e música electrónica nun novo ciclo de Híbridas co piano como protagonista
Por Redacción |
-
'Aires galegos' soarán no convento de Santa Clara a través do piano de Iván Fernández
Por Redacción |
-
O ciclo de cine mudo con música en directo en Santa Clara comezará con "Nanuk, o esquimó"
Por Redacción |
-
Danza e un concerto de Abraham Cupeiro, a oferta de Híbridas en Santa Clara para a fin de semana
Por Redacción |