A obra "vitalista, luminosa e colorida" de Paloma Barreiro exponse na Delegación da Xunta
Por Redacción
A sala de exposición do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra acolleu este venres a inauguración da mostra titulada Vitalidad, luz y color da artista galega Paloma Barreiro. Nela a artista presenta un compendio de obras con dous elementos básicos: a cor e a luz.
Os críticos aseguran dela que é unha artista de amplo labor e cun gusto exquisito pola acuarela. "Desta técnica logrou sacar todo aquelo que é posible cando un chega a establecer un equilibrio exemplar entre os obxectivos que se buscan e a dificultade de obtelos ao fin", afirmou Antón Castro sobre a obra de Paloma Barreiro.
Os cadros que podemos contemplan na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra están conformados por un mundo propio, particular e máxico, cheo de colores cálidos envoltos nunha atmosfera de irrealidade chea de romanticismo e ensoñación. Pero tamén tributa un homenaxe a alegría a través dos cores fortes, intensos e vivos, cheos de gran simbolismo e a través dos cales tenta atopar a beleza.
"Paloma Barreiro trata de reinterpretar a realidade dende códigos persoais que, máis aló do obxectivo da mirada, fortalece a benevolencia subxectiva que cada un de nós pode ter na percepción desta fábula de intensas cores, ao fin de que pensemos a paisaxe, as cousas ou as persoas cos ollos inocentes das emocións", engaden os críticos.
A economía de signos fortalece o debuxo, as áreas cromáticas estruturais e os temas, e o ritmo e a composición dotan de creatividade a pintura de Paloma Barreiro.
Esta exposición permanecerá aberta na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra ata o próximo 21 de novembro en horario de 9 a 14 horas da mañá de luns a sábado e polas tardes, de luns a venres, de 17.30 a 20 horas.