Aprobadas as bases do programa Musigal 2022
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases da edición 2022 do programa Musigal, que ten como obxectivo dar a posibilidade aos municipios de menos de 50.000 habitantes de gozar de actuacións musicais de grandes artistas en lingua galega.
"É un programa de enorme éxito sobre todo nos concellos pequenos", recoñece a presidenta provincial, Carmela Silva.
Grazas a ela, e a pesar da pandemia, en 2021 levaronse a cabo un total de 55 concertos noutros tantos municipios da provincia.
Como novidade nesta ocasión a institución provincial ten previsto crear un catálogo de grupos e artistas, cun período de inscrición do 1 ao 15 de xaneiro, para que os concellos poidan solicitar despois a súa contratación ata o 20 de febreiro.
No Programa Musigal 2022 a Deputación investirá un total de 500.000 euros.