O 28 de decembro volve a Pontevedra o Galicia Magic Fest
Por Redacción
O auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá a V edición da Gala Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest.
Este espectáculo de maxia poderase ver o 28 de decembro, con dúas funcións ás 17.30 e ás 20.30 horas.
A organización destaca que o regreso deste espectáculo trae a Pontevedra a "algúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do mundo".
Durante unha hora e cuarto os asistentes poderán ver en directo os números máis impactantes e sorprendentes da arte da maxia. Como cada ano o ilusionista pontevedrés Pedro Volta presenta, dirixe e produce este espectáculo único.
Nesta nova edición os artistas invitados serán Celia Muñoz, Charlie Mag, Arkadio, Solanges Kardinale, Henry Evans e o propio Pedro Volta.