O documental sobre memoria histórica 'Acorda', na plataforma Filmin ata o 24 de novembro
Por Redacción
Acorda, o documental sobre memoria histórica da Deputación de Pontevedra, poderá verse na plataforma Filmin ata o 24 de novembro. Está dispoñible desde este martes, despois de que na tarde do luns se proxectara no festival Cineuropa de Santiago de Compostela.
A emisión en Filmin xorde despois de que Acorda formase parte da sección oficial ‘Panorama audiovisual galego’ de Cineuropa tras ser considerada parte da produción galega máis relevante do último ano.
A organización do festival seleccionouna como unha das 15 pezas ás que facer difusión en liña.
No propio festival proxectouse con moi boa acollida entre o público asistente e motivou unha grande participación no coloquio posterior. Estiveron presentes Uxía, Marina Carracedo, Lois Pérez, Su Garrido Pombo, Sheila Patricia, Emilio Rúa, Tero e Laura Pérez, ademais da técnica e asesora de contidos de memoria da Deputación, Montse Fajardo, e a fotógrafa Alba Díaz.
Acorda é unha idea orixinal do departamento provincial de Memoria Histórica e foi producida tamén pola Deputación de Pontevedra, que encargou a dirección artística a Uxía e Marina Carracedo, o guión a Lois Pérez, a produción técnica a Lucas Terceiro.
Entre o reparto de intérpretes están Emilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e a propia Uxía e Su Garrido, e un elenco formado por Tero Rodríguez, Andrés Giráldez, e Eduardo R. Cunha (‘Tatán'), entre outros, xunto a testemuñas reais de persoas como Queta Molas ou Blanca Francés.
Relacionadas:
-
O libro disco 'Acorda', nova aposta da Deputación para que a memoria permaneza e chegue á xente nova
Por Redacción |
-
O sábado presentarase o libro-disco do proxecto de memoria histórica 'Acorda'
Por Redacción |
-
'Cineuropa' inclúe na súa sección oficial ao documental 'Acorda' sobre a memoria histórica
Por Redacción |
-
‘Acorda’, o documental sobre a memoria histórica, chega este venres ao Ourense Film Festival
Por Redacción |
-
O Principal vístese con alfombra amarela para reivindicar a memoria histórica coa estrea de "Acorda"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Deputación encherá este venres o Teatro Principal coa estrea dun documental sobre a memoria histórica
Por Redacción |
-
Presentan en Pontevedra 'Acorda', un documental "exemplo de resistencia e dignidade"
Por Mónica Patxot & María José Pita |