Ven ao cine no Museo: comeza un ciclo infantil con curtametraxes galegas no Sexto edificio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Museo de Pontevedra acollerá, dende o vindeiro sábado 26 de outubro ás 17.00 horas, o ciclo de cine infantil 2013-2014 que organizan a Deputación de Pontevedra, a ANPA do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
Todas as proxeccións serán no Auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra. Darán comezo ás 17.00 horas e as entradas gratuitas (hai 240 butacas) deberán recollerse no propio Museo. As películas que se proxectarán son as seguintes:
- 26 outubro: O ferreiro e O maquinista da xeral, de Buster Keaton.
- 16 de novembro: Curtametraxes galegas I: Alistán o demo oveiro, Os defuntos falaban Castelao, A escola das areas, In-animados, Aventuras de Ventura e O bosque animado.
- 14 de decembro: O bosque animado, unha longametraxe da desaparecida e exitosa produtora Dygra
- 18 de xaneiro: Especial Segundo de Chomón. Trátase dunha homenaxe ao cineasta aragonés que foi un dos iniciadores do cine en España. Antes da película haberá un espectáculo a cargo dunha actriz profesional.
- 15 de febreiro: P3K: Pinocchio 3000, unha película sobre Pinocho referenciada no futuro.
- 15 de marzo: Curtametraxes galegas II: O camiño das estrelas, Jako e o ladrón de mascotas, Meigallos, sombras e papas de arroz, O noticieiro do espazo, Nut e Os titirinautas.
O ciclo pretende apoiar a cinematografía galega, as súas curtametraxes e o sector audiovisual, ao tempo de promover o aprecio da cultura galega e ao propio Museo de Pontevedra como espazo aberto de cultura, ocio e creatividade. Iniciouse o ano pasado e, en vista do éxito obtido, este ano decidiuse facer unha proxección de películas galegas sen percorrido comercial, unha vez ao mes, en pantalla grande, para afeccionar aos máis novos e propiciar un público familiar.