O mellor setembro da última década no Museo de Pontevedra, con picos de 1.300 visitas diarias
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os principais edificios do Museo de Pontevedra recibiron durante o mes de setembro máis de 20.000 visitantes, con días ‘pico’ de arredor de 1.300 visitas nunha soa xornada. As cifras supoñen un auténtico 'fito' na institución cultural, pois é a mellor cifra dos meses de setembro da última década.
As 20.162 visitas recibidas son unha cifra sensiblemente inferior ao mes de agosto, pero excepcional para o mes de remate do verán. O vicepresidente da Deputación e responsable do Museo, César Mosquera, manifestou a satisfacción da institución por esta resposta do público a pesar das dúbidas iniciais sobre como ía respostar a xente na visita a espazos pechados tras os momentos máis graves da pandemia.
Os datos deste verán en conxunto superan con creces as cifras anteriores á covid-19. Xa xullo fora o mellor en visitas dos últimos cinco anos, con 22.591 persoas, mentres que o mes de agosto chegou ás 41.869, superando en máis de 2.500 a cifra máxima acadada no mesmo mes de 2011.
Durante o mes de setembro, a meirande parte dos visitantes foron galegas e galegos, se ben tamén houbo unha grande afluencia de Madrid, Andalucía, Cataluña, País Vasco, Castela e León e a Comunidade Valenciana.
Do estranxeiro principalmente houbo chegadas de Portugal, seguido de Francia, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Países Baixos, Reino Unido, Bélxica, ou Arxentina incluíndo tamén orixes menos habituais coma Xapón, Exipto, El Salvador, Corea do Sur, Canadá, Australia ou Sudáfrica,