Campolongo soa a indie-rock con Triángulo de Amor Bizarro
![Cristina](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/cee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/552b997089-fotoperfilcrissaiz.jpg)
Por Cristina Saiz
Triángulo de Amor Bizarro presentou este sábado nun concerto nas pistas do barrio de Campolongo o seu último disco homónimo, lanzado antes da pandemia, con versións, remesturas, reinterpretacións dalgunhas cancións e noutras simplemente suman algunha colaboración doutro artista.
Este grupo de Boiro, formado en 2004, está formada por Isabel Cea, Rodrigo Caamaño, Rafael Mallo e Zippo.
A día de hoxe son unha das bandas independentes máis consagradas a nivel estatal, pois seguiron unha traxectoria ascendente que converte aos mesmos nun grupo de culto.
En Campolongo demostraron que soan mellor que nunca e que durante os últimos meses perfeccionaron o seu característico estilo de distorsión e pop.
Concerto de Triángulo de Amor Bizarro
A día de hoxe son unha das bandas independentes máis consagradas a nivel estatal, pois seguiron unha traxectoria ascendente que converte aos mesmos nun grupo de culto.
© Cristina Saiz