In Mare e Brutal, os sons máis agresivos de Marín e Pontevedra, ofrecen un concerto en Caldas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Son dúas das bandas co son máis forte das Rías Baixas. E o sábado 19 de outubro van subirse ao escenario da Sala Clarmar de Caldas para ofrecer un concerto intenso.
Brutal, banda de Pontevedra que orixinalmente se denominaba BrutalDistracion, segue a ofrecer temas baseados no trash e no hardcore dos oitenta e dos noventa. Nos últimos tempos, a banda está abríndose a novos estilos. Os guitarristas Javi e Chipi, o batería Jose, Lute, o baixista e Adrián como voz conforman este grupo que se caracteriza por letras políticas comprometidas.
Na cita do vindeiro sábado en Caldas ofrecerán temas xa clásicos da banda como No hay Crisis e novas composicións:
Parar el tiempo, No soy yo, Amnesia y Superficial. Como eles indican, "o noso obxectivo é rebentar os oídos da xente durmida".Xulián, que anteriormente formaba parte de Brutal, montou a súa propia banda en Marín, In Mare, un proxecto musical que ofrece un son metalcore sorprendente.
Tema 'Amnesia' de Brutal
© Brutal