Sara Escudero toma o relevo de Carlos Blanco na segunda xornada do Festival do Humor de Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois do cheo absoluto e do bo sabor de boca que deixo Carlos Blanco a fin de semana pasada coa súa actuación, este venres chega o segundo Espectáculo do Festival do Humor que neste caso terá como protagonista a unha muller. Sara Escudero, á que nos círculos humorísticos se lle atribúe ser a herdeira de Eva Hache, subirase ao escenario do Auditorio de Vilagarcía para facer pasar ao público hora e media de diversión.
Pese á súa xuventude, Sara Escudero conta xa cun máis que notable currículo posto que xa leva cinco anos colaborando na Paramount Comedy. ÿ unha habitual colaboradora de Cosmopolitan TV e ten realizado numerosos espectáculos por toda España.
O espectáculo do venres é especialmente emotivo para esta moza nacida en Ávila, xa que foi precisamente nun local de Vilagarcía onde fixo a súa primeira actuación en solitario hai uns anos. Sara fai un humor feminino, cun directo con moita forza e frescura que conecta co público.
A actuación do venres 11 de outubro comezará ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir anticipadamente a través da web www.servinova.es ou chamando ao teléfono 902 504 500. Tamén o mesmo día da actuación na billeteira do Auditorio de 19 a 21 horas. O prezo é de sete euros.
Relacionadas:
-
Beatriz Rico e o seu 'picante' espectáculo de cabaret pecha o Festival do Humor de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Luis Zahera sube ao escenario do Festival do Humor de Vilagarcía co espectáculo 'Monologoterapia'
Por Redacción |
-
Carlos Blanco abre o Festival do humor que se desenvolverá os venres de outubro no auditorio de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Vilagarcía anima a botar unhas risas
Por Aitana Vidal |