Vilagarcía anima a botar unhas risas
Por Aitana Vidal
A concelleira de Cultura, Rocío Llovo, e o responsable de Rababiero Promociones, Santiago Segret, presentaron o "Festival do humor", que acollerá o Auditorio de Vilagarcía durante os venres do mes de outubro.
Carlos Blanco, Sara Escudero, Luis Zahera e Beatriz Rico serán os encargados de debuxar un sorriso no Festival de Humor que arrancará o día 4 de outubro co humorista local Carlos Blanco.
Recollerá a testemuña a última vencedora do Club da Comedia, Sara Escudero.
Luis Zahera, contará a súa experiencia "surrealista" como galego recén desembarcado en Madrid.
E finalmente Beatriz Rico promete un mónólogo "para mulleres intelixentes sen complexos, e para calquera tipo de home", advirten que o ton deste espectáculo desaconsella a entrada para menores de 16 anos.
O bono para as catro actuacións véndese a un prezo de 20 euros. As entradas individuais custarán 7 euros.
Relacionadas:
-
Luis Zahera sube ao escenario do Festival do Humor de Vilagarcía co espectáculo 'Monologoterapia'
Por Redacción |
-
Sara Escudero toma o relevo de Carlos Blanco na segunda xornada do Festival do Humor de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Carlos Blanco abre o Festival do humor que se desenvolverá os venres de outubro no auditorio de Vilagarcía
Por Redacción |