A Sala X de Belas Artes será rebautizada co nome de Manuel Moldes
Por Alejandro Espiño
A Sala X situada na Facultade de Belas Artes, que xunto coa Casa das Campás é o principal espazo expositivo do campus universitario de Pontevedra, cambiará de nome.
Farao para homenaxear un dos pintores máis coñecidos de Pontevedra, Manuel Moldes, falecido en 2017. O artista foi ademais un dos profesores de referencia desta facultade.
O novo nome oficial da Sala X será Sala de Exposicións Universitaria Manuel Moldes.
Ademais deste cambio de nome, o equipo decanal de Belas Artes prevé acometer unha serie de traballos de reforma para optimizar o espazo desta sala.
Estas obras de remodelación contan co apoio de toda a comunidade educativa da Universidade de Vigo, segundo explicou o vicerreitor do campus pontevedrés, Jorge Soto.
Relacionadas:
-
Belas Artes lembra a Manuel Moldes poñendo o seu nome á sala de exposicións
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Dobre homenaxe a Manuel Moldes: exposición con obras inéditas para abrir a sala bautizada co seu nome
Por Redacción |
-
Marina Núñez, profesora en Belas Artes, expoñerá no Thyssen as naturezas mortas desde unha perspectiva de xénero
Por Redacción |
-
Máis humanización no campus: 'skate-park', punto de recarga de coches eléctricos e un novo ximnasio
Por Alejandro Espiño |
-
Negocian crear unha Facultade de Enfermería con campus en Pontevedra, Vigo e Ourense
Por Alejandro Espiño |
-
"Vacas, cerdos, ferias y brujas", obras artísticas ao redor da idea da fuxida
Por Redacción |
-
Belas Artes transforma as súas vitrinas informativas nun mostrario de arte
Por Redacción |
-
Loito na cultura pontevedresa: falece o pintor Manuel Moldes
Por Natalia Puga |