As 'Ás para Álex' de Baobab Teatro inician o seu camiño teatral con éxito no Salón do Libro
Por Redacción & Cristina Saiz
O auditorio do Pazo da Cultura acolleu a estrea de Ás para Álex, o novo espectáculo da compañía pontevedresa Baobab Teatro, que escolleu o Salón do Libro Infantil e Xuvenil como punto de inicio desta nova aventura teatral.
Ás para Álex, que se representou este domingo en sesión dobre, é un proxecto que naceu durante o confinamento da pasada primavera a partir dunha historia real, un neno chamado Álex ingresado na planta de oncoloxía dun hospital.
Coa axuda dunha profesora chamada Laura comeza a facer grúas de papel para evadirse da súa situación e acaba sendo referente para moitos outros nenos no seu mesma situación.
Cora Velasco e Xosé Manuel Esperante son os actores que, sobre o escenario do Pazo da Cultura, escenificaron esta historia, escrita por Andrea Bayer, que tamén dirixe este espectáculo xunto a Óscar Ferreira.
As dúas sesións que ofreceu o Salón do Libro Infantil e Xuvenil esgotaron as entradas dispoñibles, cun aforo reducido para cumprir coas restricións pola covid-19.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal arranca tempada o 15 de outubro
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
O espectáculo "Ás para Álex", de Baobab Teatro, gaña o premio especial "Provincia Escena 2022"
Por Redacción |
-
'Ás para Álex', de Baobab Teatro, seleccionada para participar na Feira de Castela e León
Por Redacción |
-
Baobab Teatro, finalista aos Premios María Casares como "mellor espectáculo infantil"
Por Redacción |
-
"A auténtica vida salvaxe", a banda clandestina de troula no Salón do Libro
Por Cristina Saiz |
-
Un sábado para pasalo en grande no Salón do Libro
Por Cristina Saiz |
-
Pontevedra tiña ganas de Salón do Libro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Baobab Teatro estrea "Ás para Álex", o seu novo espectáculo, no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Toda a programación do Salón do Libro será de balde nunha edición que combina actividades presenciais e en liña
Por Redacción |