"Segredos de familia... e licor café", de Carauta Teatro, este domingo no ciclo PoioEscena
Por Redacción
Regresa PoioEscena. O local da Comunidade de Montes de Combarro acollerá este domingo 29 de setembro ás 20.30 horas a representación da obra Segredos de familia... e licor café, unha comedia de intriga da compañía Carauta Teatro.
Argumento: A vida en Castroverde é apacible, como en calquera outro pobo e Galicia. Tranquila, rodeada de veciños encantadores, un lugar no que todo o mundo sabe de quen vén sendo. Ou non? Marta Baldomar, prestixiosa crítica teatral, volve de visita. Quere darlle unha sorpresa ás súas tías, pero vai descubrir que as aparencias enganan. A familia ten o don de aparecer cando menos a esperas... e que todo o mundo quere escribir unha obra de teatro de éxito.
Esta obra debía terse representado en PoioEscena o pasado mes de xuño, pero finalmente suspendeuse por problemas alleos á organización do ciclo.