Bolsas de ata mil euros para lanzar a carreira musical de oito artistas da provincia con 'Descúbre-as'
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra xa ten en marcha a Plataforma 'Descúbre-as', unha proposta para promover a oito mulleres novas da provincia que cumpran cos requisitos que se recollen nas bases publicadas no Boletín oficial da provincia.
As aspirantes deberán ter idades comprendidas entre 16 e 26 anos con inquedanzas musicais. As bolsas propostas pola institución provincial poden alcanzar as bolsas destinadas á formación a cargo de profesionais da industria musical para promover as súas carreiras artísticas.
Desta forma, as novas seleccionadas participarán nun proceso de mentoría tutorizado por persoal especializado cunha duración de dous meses de formación. O programa conta con bolsas, dun valor estimado de mil euros cada unha. Ao final deste proceso gravarase unha canción en estudo e realizarase un vídeo-clip.
As novas interesadas deberán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Con esta iniciativa, desde o goberno provincial quérese facer visible a todas as mulleres da industria musical.