Pontevedra volve ao Neolítico cunha exposición na Praza de España
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/524059574d057-sam_3512.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/524059c1580d6-foto-neolitic_web.jpg)
© La Caixa
Os pontevedreses están invitados a retroceder no tempo 13.000 anos coa exposición da Obra Social La Caixa Neolítico. De nómadas a sedentarios, que estes días se está a rematar de instalar na Praza de España e que abrirá as súas portas o próximo martes 1 de outubro ata o día 1 de novembro.
A mostra, que contou co asesoramento científico do director do depósito arqueolóxico de Atapuerca, Eduard Carbonell, reconstrúe o período en que os humanos pasaron de ser cazadores a establecerse nas primeiras sociedades urbanas. A entrada será gratuíta.
Nesta exposición móstranse as formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. Abránguese un período de entre 13.000 e 5.000 anos, dende os últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas.
A través dun conxunto de materiais representativos que aparecen na exposición -como vasos cerámicos, ferramentas de pedra tallada e pulida, ilustracións de poboados, escenografías de covas e casas ou esculturas humanas e animais- desvelaranse os fitos culturais que marcaron o camiño cara á civilización: a agricultura, a gandaría, a cerámica e a escritura. A aparición destes avances supuxo un cambio decisivo na evolución cultural do ser humano que pasou de ser nómade a sedentario.