Nicolás Pastoriza e o australiano Ben Salter, oferta musical de Pequeño Karma para esta semana
Por Redacción
A actividade musical da Sala Karma trasládase esta semana ao seu 'irmán pequeno'. Dous son os concertos programados no Pequeno Karma para os próximos días. O primeiro deles, o de Nicolás Pastoriza, será o xoves 26 de setembro a partir das 22.00 horas. Completará a oferta o concerto do australiano Ben Salter. No seu caso, a súa música soará desde as 21.30 horas.
Nicolás Pastoriza, personaxe central na escena musical viguesa das últimas décadas, chega a Pontevedra para presentar o seu último traballo discográfico, Poetas y motocicletas. Son sete novos temas producidos por Iván Ferreiro e interpretados no disco xunto a Amaro Ferreiro, Dani Díaz ou Mariño Toro. Sete historias con claros guiños á clásica psicodélica inglesa. Interpretará ademais parte do seu repertorio nas dúas últimas décadas.
Pola súa banda, o australiano Ben Salter, antigo membro de grupos como The Gin Club, The Young Liberals, The Giants Of Science e The Wilson Pickers, volve a España con novo traballo debaixo do brazo, o EP European Vacation, nacido dos cinco meses que estivo xirando por Europa para presentar hai un ano o seu primeiro traballo en solitario, The Cat, e durante os que colaborou con numerosos músicos do vello continente.
A entrada a ambos concertos é gratuita.