O Salón do Libro, entre as mellores iniciativas culturais de Galicia do ano 2020
O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra figura, por primeira vez, entre as 15 mellores iniciativas culturais do ano 2020 en Galicia.
Neste ranking, elaborado anualmente polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, tamén figura Culturgal - Feira das Industrias Culturais, nesta ocasión en segundo posto (no 2019 encabezara a listaxe).
Unha vez coñecida esta listaxe, a concelleira de Cultura, Carme Fouces, asegurou que é unha moi boa nova para Pontevedra e que corresponde co inicio dunha nova etapa para a cultura "feita aquí e desde aquí".
A edil agradeceu o esforzo, sobre todo no 2020, de todas as persoas que traballaron para sacar adiante o Salón nun momento adverso no que parecía que todo se viña abaixo.
O Salón do Libro, precisamente na pasada edición, se veu obrigado a reinventarse sobre a marcha debido á covid-19 para seguir ofertando contidos en liña, debido a que o estado de alarma se decretou tan só cinco días despois da súa apertura.
O Observatorio da Cultura elabora dúas listaxes, un relativo ao panorama estatal e outro por comunidades autónomas, co obxectivo de dar visibilidade a mellor oferta cultural producida en todo o Estado.
Cada profesional que participa no observatorio debe sinalar ata dez institucións e acontecementos culturais como os máis destacados do ano 2020.
Relacionadas:
-
Culturgal desconfínase e recupera a presencialidade "sen perder de vista a dixitalización"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Xa está aquí o Salón do Libro: "Non hai virus que poida coa forza da palabra"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Orbil Parade anuncia que o Salón do Libro xa está aquí
Por Redacción |
-
Toda a programación do Salón do Libro será de balde nunha edición que combina actividades presenciais e en liña
Por Redacción |
-
O congreso de mediación lectora do Salón do Libro será virtual e en tres xornadas
Por Manu Otero |
-
A pandemia obriga a adiar o Salón do Libro, que empezará o 23 de abril
Por Natalia Puga |
-
O Culturgal será escenario de múltiples actividades culturais promovidas desde Pontevedra
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra apoia o novo formato de Culturgal
Por Redacción |
-
O Salón do Libro volta en marzo do 2021 para salvar o planeta coa axuda dos libros
Por Manu Otero |