Flores para Valle-Inclán no aniversario do seu nacemento
Por Redacción
Este 28 de outubro se cumplen cento cincuenta e catro anos do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán.
Ao pé do monumento ao escritor na praza do Castro de Vilanova de Arousa tivo lugar unha ofrenda floral.
Participou o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, representando á Xunta de Galicia e o alcalde deste municipio, Gonzalo Durán, así como a presidenta da Asociación Cultural Amigos de Valle Inclán, Alicia Padín.
Esta ofrenda enmárcase na programación de actividades da Semana da Cultura de Vilanova de Arousa en homenaxe ao dramaturgo galego que se celebra desde o pasado venres día 23 ata o 1 de novembro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.