A "voz presente" de Ricardo Carvalho Calero chega a Pontevedra
Por Redacción
A mostra itinerante Carvalho Calero. A voz presente, impulsada pola Xunta de Galicia con motivo do Día das Letras Galegas 2020, chegará esta semana a Pontevedra.
Estará instalada a partir do próximo martes 20 de outubro na biblioteca pública de Pontevedra, onde se poderá visitar ata o 3 de novembro. A continuación, irá a Ourense.
O proxecto expositivo ten como comisarios aos profesores Carlos Quiroga e Xosé Luís Rodríguez, co obxectivo de difundir e poñer en valor as dimensións artística, humana e intelectual do autor a quen se lle dedican neste ano as Letras Galegas.
Carvalho Calero. A voz presente configúrase arredor dunha ducia de paneis, un audiovisual e un díptico explicativo, reformulado en código QR para adaptalo ás medidas de seguridade sanitaria e protocolos derivados da crise da covid-19.
Cinco dos paneis presentan unha liña do tempo con datos relativos ao percorrido vital do autor, os espazos onde este se desenvolveu, as circunstancias políticas que o rodearon e a súa obra. A continuación, outros cinco céntranse en aspectos da súa figura e do seu legado.
O primeiro deles aborda o seu traballo como filólogo e divulgador, tanto da literatura como da lingua galega. O segundo ocúpase da súa faceta de creador literario. O terceiro, analiza a súa relación con Ferrol, Lugo e Santiago; o cuarto, ocúpase da súa posición sobre a ortografía do galego e o último mostra a súa actitude vital independente, crítica e comprometida
Tal e como o título da exposición indica, procurouse que fose o propio autor homenaxeado quen -a través de citas de obras literarias, artigos ou entrevistas concedidas- falase directamente de si mesmo e da súa obra.
Relacionadas:
-
O paseo dos Gafos réndese a Carvalho Calero cun mural do Quilombo
Por Natalia Puga |
-
O Museo retoma este mércores 23 o espectáculo 'Eterna e múltipla' coa poesía erótica de Carvalho Calero
Por Redacción |
-
Poio lembra a figura de Carvalho Calero cunha variada programación
Por Redacción |
-
A poesía erótica de Carvalho Calero, centro dun espectáculo audiovisual no Museo
Por Redacción |
-
Xardín Desordenado reinterpreta a Carvalho Calero para celebrar as Letras Galegas
Por Redacción |
-
A Deputación organiza un percorrido pola figura de Carvalho Calero cheo de poesía, música e erotismo
Por Oskar Viéitez |
-
O Arquivo reúne títulos, artigos e audiovisuais relacionados con Carvalho Calero
Por Redacción |
-
O Concello inviste 20.000 euros en librerías pontevedresas para difundir a obra de Carvalho Calero
Por Redacción |