O Local de Música lanza os vídeos dos 10 grupos seleccionados no proxecto 'Falso directo'
Por Redacción
Ata o 14 de agosto, a canle de Youtube do Local de Música ofrece cada día ás 13.00 horas o traballo dun novo grupo de Pontevedra que formou parte do programa 'Falso directo'.
Desta forma, emitiranse dez vídeos gravados tras as accións de formación que se desenvolveron entre estes grupos formados por músicos que están a traballar por mellorar no seu son. Estes dez grupos foron seleccionados para participar no proceso de mentorización adaptándose ao mundo dixital e á situación provocada pola pandemia.
Os vídeos son actuacións en directo onde se recollen elementos que foron traballados durante o curso. Con esta acción, o Local de Música, promovido pola concellería de Xuventude, toma un período de descanso ata que o 1 de setembro inicie o novo curso.
Os grupos que se poderán ver son os seguintes na canle de Youtube son:
• Luns 3: LOS TÓNIKASH
• Martes 4: MOUCHO
• Mércores 5: OVERWHELMED
• Xoves 6: PARTICLE
• Venres 7: CRAZY WAVES
• Luns 10: TIBET 1990
• Martes 11: DESAMORTIZACIÓN (DE MENDIZÁBAL)
• Mércores 12: PRIMA DE BUXO
• Xoves 13: JAVIER WATERPROOF
• Venres 14: GREEN GRELOS
Relacionadas:
-
'Otra ronda', o novo 'single' de Javier Waterproof inspirado na película do director danés Thomas Vinterberg
-
RADIO.- Javier Pérez Gomara 'Waterproof', o pontevedrés que soará nos cortos do Festival de Cans
Por Marisa Ciordia |
-
As bandas de música locais piden paso nas Festas de Verán de Pontevedra
Por Redacción |
-
"Pontevedra vívese" estrea 'Artes Vivas', que combina literatura e distintas expresións artísticas
Por Redacción |