Carlos Blanco ofrece este xoves dous monólogos na Carpa do Mar de Sanxenxo
Por Redacción
O humorista Carlos Blanco realiza dúas funcións, con dous monólogos distintos, este xoves na Carpa do Mar en Sanxenxo. A primeira función será ás 21.30 horas en castelán mentres que a segunda comezará ás 23:30 e será en galego.
Con esta actuación comezan as Noites de Comedia. Os monólogos de Carlos Blanco inclúense dentro do espectáculo Ao vivo (de momento) que se editou en DVD co mellor da súa traxectoria humorista. As entradas para asistir a calquera destas funcións terán un prezo de 10 euros en venda anticipada e de 15 na billeteira. Pódense adquirir na propia Carpa do Mar, en Cardy Joyeros en Sanxenxo (Paseo de Silgar) e na sala Mohai do Grove (Luís Seoane), así como na web ticketmaster.es.
A Carpa do Mar ofrece un aforamento para 900 persoas e permanecerá instalado na Praza do Mar de Sanxenxo ata o 17 de agosto. Neste recinto desenvolveranse varios espectáculos e actuacións musicais, ademais de actividades para o público infantil.
O venres 9, haberá outra sesión dobre, coa actuación ás 22:30 de Iolanda Muíños e Camila Bossa que interpretan Malos hábitos e a partir das 23:30 co actor de Mofa e Mofa, Evaristo Calvo que ofrecerá o monólogo do Turista Madrileño. As entradas teñen un prezo de 10 euros.