Duplícase o número de asistentes a actos do Museo durante o primeiro semestre de 2013
Por Redacción
O Museo de Pontevedra duplicou nos seis primeiros meses do ano o número de asistentes ás diversas actividades que se organizan no centro. Desta forma pasouse a máis de 13.000 visitas fronte ás 6.211 que se sumaron durante o ano 2012.
Nestes últimos meses programáronse obradoiros, conferencias, ciclos de cine, actuacións musicais e novidosas iniciativas como o programa En Paralelo que combinaba cine e literatura. Con estas iniciativas buscábase dende a dirección do Museo achegar a actividade e os fondos ao público en xeral.
Tanto o ciclo En Paralelo como o de Cine Infantil terán continuidade durante todo o ano ao igual que os talleres para os máis pequenos.
Durante estes mesmes aumentaron as actividades relacionadas co Sexto edificio do Museo con exposicións como a relacionada coa cerámica castrexa en Galicia ou a de imaxes documentais da Escola Naval.
As visitas guiadas ás exposicións tiveron tamén unha grande acollida ao permitir aos interesados obter detalles concretos sobre as mostras.