O 'concerto con fusión' de Píscore anima a xornada dominical no Principal
Por Redacción & Diego Torrado
Un espectáculo musical de altura. É o que puideron ver os asistentes, como é habitual maioritariamente nenos e nenas de pouca idade, a unha nova sesión do ciclo Domingos do Principal. Foi a cargo da compañía galega Píscore e o seu Concerto con fusión.
Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión foi unha montaxe protagonizada por catro músicos, de estilos moi diferentes, que subiron ao escenario cos seus respectivos instrumentos.
Ao longo do espectáculo, foron incorporando diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock, reggae, pop ou música disco.
Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas foron descubrindo #nte os espectadores, aos poucos e tema a tema, que tiñan un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.
Domingos do Principal regresará o próximo 2 de febreiro cunha dobre sesión de Nómades, un espectáculo de Xarope Tulú, unha compañía teatral do Grove.