Brutal, Noite Fechada, The Alkrikes, Dr. Gringo, Malkeda e DJ Moe, cartel do II Festival Rockanos
Por Redacción
Arcos da Condesa (Caldas de Reis) volverá gozar do mellor rock. Será coa segunda edición do Festival Rockanos, organizado pola Asociación Cultural Lúa na Forza, que se celebrará este sábado 13 de xullo, a partir das dez da noite. Nesta ocasión, os encargados de amenizar a xornada serán os grupos Brutal, Noite Fechada, The Alkrikes, Dr. Gringo, Malkeda e DJ Moe.
Para finalizar, desde as tres da madrugada haberá para todos os asistentes zonas 'chill-out' habilitadas para o descanso e para o cóctel.
Pero máis aló da música, a Asociación Cultural Lúa na Forza preparou toda unha xornada lúdico festiva que comezará ás dúas da tarde cunha comida popular cunha gran variedade de mexillóns, tres paellas a elixir, postre, viño, refrescos e café. O prezo do menú por persoa é de 16 euros, salvo para os socios da asociación que pagarán tan só doce.