Bailaríns de 'Fama, a bailar' renderán homenaxe a Michael Jackson en Vilagarcía co espectáculo "Invincible"
Por Redacción
Un novo tributo musical chega a Vilagarcía. Despois de que pasase pola capital arousana o espectáculo homenaxe a Enya, esta vez será a quenda de Michael Jackson. O Auditorio Municipal acollerá o sábado 13 de xullo, ás 22.00 horas, un tributo ao 'Rei do Pop' no que a súa música e os seus pasos de baile máis característicos serán os protagonistas. Trátase dun espectáculo que porá en escena a compañía de danza Check It Out.
A compañía de danza Check It Out, composta por finalistas e gañadores do programa Fama, a bailar!, emitido por Cuatro, presentará en Vilagarcía o seu terceiro espectáculo audiovisual coa danza como protagonista. Nesta ocasión, os bailaríns renden homenaxe a Michael Jackson, polo que "Invincible" fai un amplio percorrido pola carreira do desparecido artista.
O obxectivo do espectáculo é facer gozar ao público dos mellores éxitos do Rei do Pop, acompañadas de coreografías baseadas na súa característica forma de bailar, e co engadido especial e de calidad da compañía Check It Out. Trátase dun espectáculo para todos os públicos, de aproximadamente 80 minutos de duración.
As entradas xa están á venta a través de www.servinova.com ao prezo de 6, 5 e 3 euros. Tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das sete da tarde.