Xa está aberto o prazo para apuntarse aos tres novos paseos literarios
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este mes de outubro retómanse os paseos literarios pola cidade que promove o Concello de Pontevedra coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELGA).
As sesións serán os sábados 5, 19 e 26 de outubro a cargo de Adolfo Caamaño e das autoras MN Soutelo e Elena Gallego Abad.
Xa se atopa aberto o prazo de inscrición para aquelas persoas que estean interesadas a través do correo electrónico pontevedraliteraria@gmail.com . É necesario indicar en cal dos tres paseos quérese participar. A inscrición realízase por orde de chegada e cada paseo conta cun máximo de 50 prazas.
O paseo do 5 de outubro realizarase baixo o título 'Poden o escritor e a literatura modular sentimentalmente a cidade?'. Adolfo Caamaño, autor de seis novelas e dous poemarios obtivo o Premio de Novela Vilar Ponte.
O sábado 19 a poeta María N. Soutelo ofrecerá unha visita denominada 'A cidade imaxinada: unha memoria familiar'. A autora, que obtivo o XX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.
A última proposta chegará o 26 de outubro a cargo de Elena Gallego Abad. Contará co título Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máximos na Pontevedra vella'. Gallego Abad recibiu o premio Frei Martín Sarmiento polo primeiro libro da saga 'Dragal'.