Os Coros Galegos cantan ao creador de Aires da Terra, Perfecto Feijoo
Por Redacción
En 1883, o coñecido boticario e gaiteiro Perfecto Feijoo fundaba Aires da Terra, na cidade de Pontevedra, esta agrupación está considerada como o primeiro coro galego.
Este sábado, organizado polo Consello da Cultura Galega, a praza da Ferrería convertíase no escenario para rememorar o centenario da homenaxe que os Coros Galegos fixeron en vida ao coñecido boticario pola creación de Aires dá Terra, unha agrupación que finalizaba a súa actividade no ano 1914.
Cantigas e Agarimos de Compostela, Coral de ruada de Ourense, Cantigas da Terra da Coruña e Real Coro Toxos e Frores de Ferrol subíronse ao escenario para interpretar temas tradicionais ante un público entusiasta que asistiu ás actuacións soportando as altas temperaturas que se rexistraron durante esta xornada.
O acto que conta co apoio do Concello de Pontevedra foi seguido pola concelleira de Festas, Carme da Silva.