Antón Cruces presenta en Pontevedra a súa primeira novela, "Desahuciando a Superman"
Por Redacción
O xornalista, guionista e escritor pontevedrés Antón Cruces presenta o venres, ás 20.30 horas na Gramola, a súa primeira novela Desahuciando a Superman.
Trátase dunha obra na que o protagonista, que vive en Arcadia, unha cidade que queda sen cinemas, axuda as personaxes das películas para atopar un novo sitio onde vivir. Inmerso nunha procura contrarreloxo chea de xiros sorprendentes, humor e chiscadelas á cultura dos anos oitenta, o arcadiano, axudado por amigos, a súa noiva e unha tropa de iconas do cinema; debe atoparlles un novo fogar antes de que se desvanezan.
A novela mergulla ao lector nun universo cargado de humor e nostalxia que o fai reflexionar sobre o importante que foron as salas de cinema para toda unha xeración e que se foron perdendo polo camiño.
A idea naceu a raíz do peche dos cinemas de Pontevedra no 2013 e levouno á escritura dunha columna de opinión co mesmo título publicada en PontevedraViva e na súa obra Cruces repasa a historia das grandes salas de cinema pontevedresas: Gónviz, Vitoria e Malvar.
Nacido en Santiago de Compostela en 1976, Antón Cruces licenciouse en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid e traballou, entre outros, en Informativos Telecinco, CNN+ e Onda Cero Madrid. Tras varios empregos temporais, atopou o seu lugar como guionista e director de televisión. Antes de publicar a súa primeira novela, publicou tres discos e dirixiu o documental Oldman: o último triatleta