Doce horas de música electrónica no parque do Gafos co Flop Festival
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra completa a programación de celebración do Día do Orgullo co agardado festival de música electrónica, Flop Festival. Será o día 13 de xullo, de 12.00 a 00.00 horas no parque do Gafos coa participación de dez artistas.
Esta iniciativa completa outras coma as proxeccións do Flop Cinema xa rematadas a primeiros de xuño, e dos Faladoiros diversos que este xoves chegan ao seu fin coa proposta "Políticas LGTBIQ+, a igualdade é posible", a cargo dos representantes dos diversos grupos parlamentarios galegos a partir das 20.30 horas na Casa da Luz.
O Flop Festival inclúe unha programación que pretende ser variada e diversa, xuntando o talento local con artistas de distintas procedencias e estilos musicais, ademais dun convidado internacional: Bell Towers.
Tamén tocarán no Flop: Sano, Blue Lights in the basement, Samantha Hudson, More Amore, BabyKatze, Lua Zalamera, Nico, Certain People, Viktor Flores.
Relacionadas:
-
'Ambienta', cinema pola diversidade sexual, de xénero e familiar do 2 ao 7 de xullo na praza da Pedreira
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Brais Orx, un produtor pontevedrés fichado polo selo español líder en música dance e electrónica
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Flop Festival: O ritmo máis inclusivo pon en pé o parque dos Gafos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Flop, o festival que máis enorgullece a Pontevedra, chega o sábado ao Parque dos Gafos
Por Manu Otero |
-
"Queremos unha Pontevedra que abrace todas as cores do arco da vella da diversidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha concentración polo día do Orgullo LGBT
Por Redacción |
-
Pontevedra impulsa un ciclo de cine e conferencias para visibilizar a diversidade sexual
Por Alejandro Espiño |