O fotógrafo Miguel Vidal amosa a relación coas súas modelos na Galería About Art
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53487f72d3105-miguel-vidal-2.jpg)
© Miguel Vidal
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53487f6dd0dad-miguel-vidal-3.jpg)
© Miguel Vidal
O pontevedrés Miguel Vidal será o protagonista da nova exposición organizada pola Galería About Art. O vindeiro martes 25 de xuño, ás 20.30 horas, inaugurarase unha mostra fotográfica deste artista que recentemente comezou a súa colaboración coa galería pontevedresa.
A liña expositiva que presenta nesta ocasión a galería, está íntimamente relacionada coa exposición Outro lado, outra vida comisariada por Ramón Rozas no Pazo de Cultura de Pontevedra, o pasado ano 2012. Trátase do resultado das relacións entre o artista e os seus modelos, levado a cabo a través das redes sociais, e cunha clara tensión sexual.
Vidal retrata a unha serie de persoas anónimas, relacionadas na súa maioría co mundo das artes plásticas e visuales, con quen se relaciona a través das redes sociais, conseguindo así chegar todo o máis íntimo de cada un deles e levándoos coa súa cámara a aparecer desprendidos de todo perxuizo social da 'vida real' e soltarse sen vergonzas á expresión das súas inquietudes máis profundas, que Miguel Vidal sabe captar e levar ao seu modo de ver e sentir a fotografía, nunha atmosfera escura, de ensoñación e misterio.
De formación autodidacta Miguel Vidal (Pontevedra, 1968) dedícase á fotografía desde hai máis de 20 anos. Recibiu clases maxistrais dalgúns mestres da fotografía tales como Antoine D'Agata, Stuart Franklin ou Chris Steele-Perkins (Axencia Magnum). O seu traballo como fotoperiodista ao longo dos anos enmarcou a súa obra na street photography e o seu interese crecente pola arte levouno a explorar a figura feminina e o retrato adentrándoo no neopictorialismo.
A recente colaboración de Miguel Vidal coa galería pontevedresa, levaralle tamén a participar no próximo mes de setembro na feira Art Moscow, a segunda con maior importancia e proxección de Rusia, na que Vidal formará parte do único stand español e dos poucos europeos, representado pola galería Montsequi de Madrid, espazo co que About Art mantén un acordo de colaboración para promoción de artistas.
A exposición, poderá visitarse desde o día 25 de xuño ao sábado 6 de xullo na Galería About Art de Pontevedra, situada na rúa Pasantería.