![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53529534559a4-danimateo.jpg)
CC BY-NC-SA Novacaixagalicia
Dani Mateo suspende a súa actuación en Vilagarcía por causas de forza maior
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A produtora do espectáculo de Dani Mateo alegou, nas últimas horas, "causas de forza maior" para suspender a función do monólogo "PK2.0 - Que Dios nos pille confesados" no auditorio de Vilagarcía de Arousa. A actuación estaba prevista para o sábado 22 de xuño.
Dende a organización sinálase que o importe das entradas que xa foron adquiridas vaise reembolsar aos compradores da mesma forma en que realizaron o pagamento.
Da mesma forma, a empresa pide desculpas polos inconvintes que causase esta suspensión e anuncian que buscarán unha nova data para ofrecer o monólogo ao público de Vilagarcía. Non obstante, non detallan as causas concretas desta suspensión prevista para dentro de dous días con entradas que se podían adquirir a partir de 13 euros.