A xira de Miss Caffeina recala este sábado na Sala Karma de Pontevedra
Por Redacción
A Sala Karma recibirá este sábado 9 de xuño a unha das bandas máis coñecidas da escena musical indie-pop en España. Miss Caffeina volve a Pontevedra para presentar en directo os temas incluídos no seu último disco, Oh Long Johnson.
Os madrileños subirán ao escenario da sala pontevedresa a partir de 22.30 horas.
As entradas, que teñen un prezo de 20 euros, aínda se poden adquirir a través da plataforma Wegow.es.
Miss Caffeina leva máis de dez anos sobre os escenarios e, cos seus últimos discos, logrou chegar a un público máis masivo e convertéronse nunha das bandas indispensables para os festivais máis importantes do país.
Merlí foi o tema co que presentaron o seu novo disco, unha canción inspirada na serie que leva o mesmo nome e trata cuestións vitais tan importantes e universais como o amor, a morte, o medo ao diferente ou a autoaceptación.
Toda unha declaración de intencións para un álbum no que a banda coquetea con outros estilos como o pop electrónico, enriquecendo o son que lles fixo populares.
O concerto de Miss Caffeina en Pontevedra enmárcase dentro da iniciativa Xira Mahou 2019.