Miss Caffeina inclúe a Pontevedra na xira do seu novo disco "Oh Long Johnson"
Por Alejandro Espiño
Oh Long Johnson é o nome que recibe o esperado novo disco, o cuarto na súa carreira, da banda madrileña Miss Caffeina, un dos grupos de referencia do indie rock español.
Meses antes de saír á venda, xa coñecemos as primeiras datas da súa xira de presentación e Pontevedra será unha das cidades que visitarán.
A banda liderada por Alberto Jiménez actuará na Sala Karma o 8 de xuño, ás 22.00 horas.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 20 euros, xa están á venda. Pódense adquirir a través da plataforma Wegow.
Con este disco, Miss Caffeina regresará aos escenarios tres anos despois da saída do seu anterior traballo, Detroit.
Actualmente Oh Long Johnson, que foi gravado nun estudo catalán, está a ser mesturado en Londres polo produtor Max Dingel. Editarase, salvo imprevistos, a principios do próximo inverno.