Imaxes singulares de Cuba e Vietnam na mostra do fotógrafo Arximiro Luna Rivera
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este venres inaugurouse a exposición 'Espuma de tiempo', con traballos do fotógrafo coruñés Arximiro Luna Rivera. A sala Nemonon acolle esta recompilación na que se ofrecen 24 obras de gran formato.
As obras expostas forman parte dunha gran colección que o autor realizou nas súas viaxes a países como Cuba, Vietnam ou Camboxa. O autor escolle unha técnica de exposición longa unida ao movemento.
A mostra ofrece imaxes de gran beleza que invitan a explorar sensacións a través dun estilo moi persoal. Poderá visitarse ata o 25 de maio nesta sala situada en Villa Pilar, na rúa Riestra.