![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51b615a14fd51-instrumetoscampano9.jpg)
CC BY-NC-SA CEIP Parada, de Campañó
Escolares de Campañó constrúen 200 instrumentos para achegarse ao mundo da música
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51b614d6af6cc-instrumetoscampano.jpg)
CC BY-NC-SA CEIP Parada, de Campañó
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51b61504ccda2-instrumetoscampano6.jpg)
CC BY-NC-SA CEIP Parada, de Campañó
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51b615f907b49-instrumetoscampano8.jpg)
CC BY-NC-SA CEIP Parada, de Campañó
O colexio de educación Infantil e Primaria de Parada, na parroquia de Campañó, expón dende comezos de xuño o traballo que os alumnos de 3 a 12 anos do centro levan facendo durante todo o ano: instrumentos musicais de fabricación caseira.
Segundo informa o propio centro, a exposición está aberta ao público en xeral e é o resultado de todo un ano de traballo escolar que xurde dun proxecto desenvolvido na aula de música: 'Todo soa: pensa, constrúe e toca'. Cada instrumento está acompañado dunha ficha descriptiva.
Co este proxecto, o profesorado de Parada quere dar resposta ás preguntas: que é o que soa ó noso arredor? e por que soa? O resultado é una exposición de máis de 200 instrumentos que "rebosan orixinalidade, creatividade, colorido e moita, moita imaxinación", segundo valoran os mestres de Educación Infantil e Musical.
O proxecto educativo pretende achegar aos nenos á musica a través dunha experiencia directa na que xogaron un papel fundamental a ilusión dos rapaces e a colaboración das familias facilitando os materiais e substituíndo os nenos no uso das ferramentas propias de adultos.
Ademáis de ser unha exposición chea de curiosidades froito dos descubrimentos do alumnado, ten o valor engadido de fomentar o respecto pola natureza e o medio ambente porque reutiliza todo tipo de material de refugallo ("todo serve, nada se tira, todo se transforma", sinalan dende o centro).