O Ateneo acolle unha nova edición da mostra "Voilá la femme"
Por Redacción
O Ateneo Santa Cecilia acolle do 8 ao 20 de abril a vixésimo sexta edición da mostra colectiva de mulleres titulada "Voilá la femme".
Trátase dunha exposición na que participan varias autoras con pintura, escultura e diversas expresións artísticas de vangarda. A exposición está comisariada por Celeste Garrido e coordinada por Belén Diz Juncal.
Nesta edición as artístas seleccionadas son María Gar, Ana Miguélez Torres, Anubis Muñoz Orta, Dulce P. Herrera Gamboa e Alexandra RRey.
A inaguración da mostra será este luns día 8 de abril ás 8 da tarde e permanecerá aberta ó público ata o 20 de abril na sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia, sita na rúa do Forno nº42 baixo, no horario de martes a venres de 18.00 a 20.30 horas, e sábados de 11:00 a 13.30.
"Voilá la femme" é a exposición colectiva de mulleres con maior traxectoria no tempo das que se celebran en Galicia.