Sete falares conclúe a súa segunda edición obtendo un grande éxito
Por Redacción
Con grande éxito de crítica e público clausurouse este domingo o segundo encontro internacional de contadores de historias Sete Falares.
No encontro narraron historias Pavís Pavós, Beatriz Montero, Raquel Queizás, Quico Cadaval, Luis Correira, Antonella Giraldi e Celso Fernández.
Entre as actividades houbo unha ruta nocturna de historias por Pontevedra con 4 grupos de 40 persoas, viaxes en barco pola ría dende As Corbaceiras.
O Festival finalizou cunha roda de narradores na que participaron todos os contadores desta edición.