'Enclave de teatro' celebra a súa sétima edición en Sanxenxo con medio cento de actores
Por Redacción
A asociación cultural Teatro do Mar dará por finalizado o curso 2012-13 dos talleres de teatro coa celebración durante o próximo fin de semana da sétima edición de Enclave de Teatro no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.
Será a partir das 21.00 horas do sábado e o domingo e participarán medio centenar de alumnos de Teatro do Mar, os cales lucirán un vestiario deseñado e confeccionado pola portonovesa Lina García.
Os distintos integrantes desta iniciativa levarán a escena tres obras, dos de maneira que os nenos e nenas de 4 a 12 anos representarán o sábado O que hai que ver, unha peza humorística do profesor desta escola Pablo García. Ese mesmo día, os mozos de 12 a 17 anos presentarán Recortes de Humor, composta por varios sketch clásicos e modernos de diferentes autores.
A clausura do certame será o domingo, a partir das 21.00 horas, por parte do grupo de adultos, coa obra Ensalada Rusa, unha adaptación de Xosé Lueiro, sobre textos de Chéjov.