O Ballet Imperial Ruso presenta a súa versión de 'O quebranoces' en Pontevedra
Por Redacción
O Ballet Imperial Ruso, herdeiro da escola rusa de ballet, é unha formación que va transmitindo as tradicións de danza de xeración en xeración. O sábado 2 de febreiro estará en Pontevedra para amosar unha das súas creacións, 'O quebranoces', unha composición elaborada polo xenial compositor Pyotr Tchaikovsky.
O espectáculo vai presentarse ás 20.30 horas no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. As persoas que asistan poderán gozar de melodías tan coñecidas como a 'Danza da Fada de azucre' e o 'Vals das flores'.
O Ballet Imperial Ruso foi creado por iniciativa de Maya Plisetskaya no 94. O director de esta compañía é Gediminas Taranda, que foi a estrela do Teatro Bolshoy e converteuse no director artístico máis destacado de Rusia, condecorado polos seus méritos como Artista de Honra de Rusia e coa Orde de Diaguilev.
Esta compañía, con sede en Moscova, realizou xiras internacionais en paises como Australia, Xapón, China ou Finlandia e está formada por 45 bailaríns de máximo nivel. As entradas xa se poden adquirir a través de Ataquilla por 27 euros. Trátase do prezo máis elevado dentro das actuacións que a agrupación realizará para Afundación dentro da xira que realiza tamén por Vigo, Cangas e Lugo, onde os prezos varían entre os 22 e os 25 euros.