A xira 'Sonora' de Arizona Baby animará a noite de Reis en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Un ano máis, a Sala Karma aposta por un concerto en directo para animar a noite de Reis. Nesta ocasión, os protagonistas serán os integrantes da banda Arizona Baby.
Chegan a Pontevedra o vindeiro sábado 5 de xaneiro, ás 22.30 horas, coa xira 'Sonora'. É o nome do seu cuarto disco de estudo.
Con el, Arizona Baby reinvéntanse unha vez máis e fano sen perder as súas raíces roqueiras, ofrecendo un traballo musical que combina a frescura emocional dun grupo adolescente e a grandeza creativa dunha banda enorme que parece estar no seu mellor momento.
As entradas para este concerto, que se poden comprar en El Pequeño, Bullit Store e a plataforma Ticketea.com, pódense adquirir a un prezo de doce euros.