Domingo de teatro en familia con "La gallina de los huevos de oro" no Pazo da Cultura
Por Redacción
Nenos e maiores gozaron este domingo coa representación de La gallina de los huevos de oro, a obra que a compañía Zum-Zum Teatre representou no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do seu ciclo teatral da tempada de outono.
Neste espectáculo familiar, o público pontevedrés coñeceu unha historia que conta que o diñeiro é un "conto".
Os granxeiros que protagonizan esta historia non perdían o tempo pensando no diñeiro e sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o necesitaba, pero un día chegou unha galiña na súa granxa e puxo un ovo de ouro.
A partir de aí, desátanse situacións aloucadas e tremendamente cómicas que, sobre todo os máis pequenos, gozaron ao máximo.