O alcume galego, da Idade Media ata os nomes de usuarios na Wikipedia, no Museo de Pontevedra
Por Redacción
O vindeiro sábado 20 de outubro, a Real Academia Galega celebrará no Museo de Pontevedra a terceira Xornada de Onomástica Galega que, nesta ocasión, centrarase nos alcumes. A través de sete intervencións abordarase a presenza destes sobrenomes nos apelidos e nas súas orixes.
Durante estas xornadas que se iniciarán ás 9.30 horas, realizarase un percorrido sobre a presenza dos alcumes desde a Galicia medieval ata a actualidade con aqueles nomes de usuarios de persoas que editan na Wikipedia.
As sesións desenvolveranse durante a mañá e a tarde. Entre outras intervencións intervirán a profesora Anxos Rial para falar sobre os alcumes da Moureira e Luz Méndez, asesora lingüistica da CRTVG, que ofrecerá detalles sobre a presenza destes sobrenomes nos apelidos galegos.
Esta xornada será aberta ao público, con entrada libre, e finalizará cunha mesa redonda que mostrará como os topónimos ofrecen información sobre disciplinas tan diversas como a literatura, a historia ou a botánica.
Este evento celébrase en Pontevedra grazas á colaboración da Deputación Provincial e do Museo.