Marín acolle esta fin de semana a sétima edición do Memorial Antonio Fernández
Por Redacción
A alameda de Marín centralizará as actividades da sétima edición do Memorial Antonio Fernández, organizado pola Asociación cultural Os Chaneiros coa colaboración do Concello.
O sábado 8 de setembro, ás seis e media da tarde, terá lugar a recepción dos grupos participantes no salón de plenos do concello.
A continuación haberá un desfile destes grupos polas rúas Méndez Núñez, Avenida de Ourense ata a alameda Rosalía de Castro, onde terá lugar o festival infantil de baile.
Xa o domingo 9, a partir das seis e media, será a homenaxe a Antonio Fernández e o Mestre Landín coa actuacion de Os de Marín, A.C. Musimarin, As Chaneiras e Os Chaneiros.
Dende a organización tamén se destacará o traballo do recentemente falecido Carlos Epifanio Pérez, como principal abanderado da figura do Mestre Landín e a súa obra.