A Praza de España enche de 'lambones'
O escenario musical da Praza de España viviu este venres a tradicional festa infantil da Peregrina, enchendo de sorrisos e bo humor a zona.
Centos de nenos e nenas convertéronse por unhas horas en 'lambones' para bailar coa proposta de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Esta formación de música infantil interpreta clásicos populares galegos pero desde unha visión particular e orientado á diversión dos pequenos.
Foi unha xornada de xogos e bailes que deu continuidade á programación festiva da Semana Grande.
Festa infantil das Festas da Peregrina
Centos de nenos e nenas convertéronse por unhas horas en 'lambones' para bailar coa proposta de Uxía Lambona e a Banda Molona
© Diego Torrado