O artista Franck Sastre traslada os seus coloridos deseños aos bolsos
Por Redacción
O artista afincado en Pontevedra, Franck Sastre, amplía a súa produción artística e saca ao mercado uns bolsos con máis dun centenar dos seus deseños. Rosalía de Castro, Teresa de Calcuta, Marilyn, Coco Chanel, Madonna, Audrey Hepburn, Frida Khalo, a raíña Khaleesi de 'Juego de Tronos', Pancho Vila, o Greco, Zapata, Valle Inclán, son nomes da realidade e a ficción que Sastre ha reinterpretado co seu particular estilo en diversas coleccións e que agora recupera para esta serie de bolsos. Non son os únicos produtos de merchandising do pintor, xa que tamén aplicou os seus deseños en neceseres, cuncas, coxíns, posters ou cubos decorativos.
Ademais Franck Sastre segue mostrando as súas obras dentro e fóra de España. Durante este mes de xullo participa na exposición Valença Mod'Arte, na que ademais de exhibir a súa produción, participou nun show de pintura en directo coa artista ourensá Asun González, coa que tamén comparte unha das súas últimas coleccións pictóricas: Fusión Pop Art Asun&Franck. Unha iniciativa similar, de conxunción artística, tivo lugar en Mallorca a finais do mes de xuño, onde compartiu iniciativa co mallorquino Navarro Durruty.
A experiencia do ' live painting' volverá repetir a finais deste mes na Nit de L´Art de S´arracó do municipio balear de Andratx. Sastre prepara xa unha exposición en Alemaña para o próximo outono.
Relacionadas:
-
Asun Glez e Franck Sastre ofrecen unha galería artística no Mercado baixo o título 'comendo ARTE'
Por Redacción |
-
'Lips of Africa', 'Ellas' e 'Fusión Pop Art': de Pontevedra a New York
Por Gabriela Varela Asorey |
-
A revista de arte contemporánea americana ArtisSpectrum repara en Franck Sastre
Por Redacción |
-
RADIO.- Franck Sastre, artista e cita televisiva sorpresa de Ana Obregón
Por Marisa Ciordia |