Asun Glez e Franck Sastre ofrecen unha galería artística no Mercado baixo o título 'comendo ARTE'
Por Redacción
O primeiro piso do Mercado de Abastos da rúa Sierra acollerá entre o xoves 27 e o domingo 30 de agosto unha exposición organizada polo Concello de Pontevedra que leva por título 'comendo ARTE', con obras dos artistas Asun Glez e Franck Xastre.
Trátase dunha mostra con cadros de grandes dimensións que ofrecerán miradas penetrantes dos seus personaxes tanto co trazo e a forza da cor como coas mensaxes sutís que ofrecen estas pinturas, segundo indican os seus autores.
Asun Glez é unha artista viguesa e Franck Xastre é un pintor nado en Francia pero que leva case dúas décadas residindo na cidade olívica. Nalgunhas das súas obras, as creacións están elaboradas a catro mans. Caracterízanse por un estilo figurativo e con moita forza visual.
Estas obras poden verse en horario de mañá e tarde durante estes catro días de finais de agosto, con entrada libre.
Relacionadas:
-
Javier de la Torre expón os seus retratos de rockeiros no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
A arte únese á gastronomía para seguir enchendo de vida o Mercado
Por Redacción |
-
O artista Franck Sastre traslada os seus coloridos deseños aos bolsos
Por Redacción |
-
RADIO.- Franck Sastre, artista e cita televisiva sorpresa de Ana Obregón
Por Marisa Ciordia |