O escritor pontevedrés Daniel González Pérez busca mecenas para publicar a súa segunda novela
Por Redacción
Daniel González Pérez é un mozo pontevedrés de 23 anos. Autopublicou a súa primeira novela en 2014 baixo o título de 'Pesadillas del Futuro'. Este titulado en preimpresión dixital tamén gañou cun relato o concurso 'Tono Escobedo' e ten publicado en diversas páxinas web como 'La piedra de Sísifo'.
Agora quere volver gozar da experiencia da publicación coa súa novela 'Sueño de artista', unha obra que interesou á editorial independente Tandaia, con sede en Santiago de Compostela e que busca promocionar a novos autores. Para financiar este traballo, o escritor busca mecenas a través dunha campaña de crowdfunding na web Indiegogo.
Con esta campaña intenta que a obra se distribúa en librerías de toda España e parte de América do Sur, ao igual que en coñecidas tendas online. Aquelas persoas que participen obterán como recompensa a reserva dun exemplar, probas de impresión (galeradas) ou que o nome apareza entre os agredecementos. Se non se acada o obxectivo emprendido na campaña, os participantes recibirán os cartos sen coste algún e se sae adiante, recibirán o ejemplar nos seus domicilios antes da posta á venda oficial.
En 'Sueño de artista' nárrase a historia dun mozo que anhela converterse en director de cinema desde que viu unha película en televisión. A súa sorpresa vai chegar cando un famoso actor independente de Hollywood toma unha decisión que desconcerta á industria cinematográfica.